A SONADA
FOLGA NO PORTO DE VILAGARCIA EN 1916 E A SÚA
REPERCUSIÓN
EN VILAXOÁN
A primeiros de xaneiro de 1916, comezaba unha folga no Porto de
Vilagarcía, onde sobre o día 12 aínda non se ollaba solución por
parte dos estibadores e dos consignatarios e armadores. Ata este día
tódalas xuntanzas viñan de fracaso en fracaso e o conflito seguía
en pé con signos moi negativos. Representantes do Comercio de
Vilagarcía coidaban que era necesaria a presencia do
Gobernador Civil para atopar unha solución a esta folga.
![]() |
Foto xentileza de J. Carlos Porto |
No día 15, a Cámara de Comercio celebra unha xuntanza no Concello
onde acordan fundar unha Asociación Patronal; a mesma hora tamén se
estaba celebrando unha reunión dos obreiros no seu domicilio social,
onde entre outras cousas acordaron que seguiría a folga mentres non
percibiran os seus salarios os gabarreiros e con horas extras igual
cos compañeiros a partir das 5 da tarde, e o descanso que por
dereito lle pertencía en atraque e desatraque das gabarras fora das
súas horas regulamentarias.
Chegando o día 16, as patrullas da garda civil estaban en servizo
permanente, inclusive ían cos crebafolgas (homes contratados no día
anterior na xuntanza no Concello) nun bote do Garda Costas “Dorado”
nas operacións de carga e descarga.
![]() |
Foto xentileza de J.Carlos Porto |
![]() |
Praza da Peixería. |
Ao
día seguinte 18, agrávase o problema ao facer causa común cos
estibadores os lancheiros transportadores de pinos, os mariñeiros de
Vilaxoán e as pescantinas da mesma
vila onde a Garda Civil comeza a patrullar polas rúas de Vilaxoán,
todo isto acontece xa que os consignatarios non atenden algunhas
peticións dos obreiros. Neste día acontece unha sorprendente nova,
o Comercio de Vilagarcía collido entre o
choque de dúas forzas de patróns e obreiros, e despois de esgotar
tódolos medios de prudencia
acordan crear unha agrupación de traballadores para defender os seus
intereses ameazados. O día 19 os armadores e consignatarios xúntanse
no edificio do Casino sen dar ningunha solución.

A
partir do día 28 a folga
perde o carácter pacifico. A influencia que tivo en Vilaxoán foi
determinante pola solidariedade de toda a poboación , as pescantinas
deixaron de ir vender a súa mercadoría a praza de Vilagarcía e os
mariñeiros non saíron ao mar. Neste mesmo día na primeira hora da
mañanciña, tivo que intervir a Garda Civil por actos de coacción
aos labregos en Vilaxoán. Nesta vila xa se instalaran o maior número
de forza pública con 8 números da Garda Civil a cabalo ao mando dun
sarxento, pois había murmurios de sabotaxes e resistencia pasiva e
outras medidas de violencia. Como consecuencia destas pequenas
liortas foron detidos Xosé Meléndez de 56 anos do Casal é unha
muller de Vilaxoán coñecida por María “A Boleira”, a Garda
Civil facía servizos de patrulla a pé e a cabalo pola estrada de
Cambados ao mando do oficial Lorenzo Sanz Hernández. Os ánimos
estaban moi alporizados na vila polo que tivo que presentarse o
Tenente Coronel Salvador Millán xunto co Capitán Sr. Yañez
Salinas e o Tenente Francisco Padín, onde visitaron unha chea de
puntos de saída de Faxilde, Renza e estrada de Cambados, para tratar
que os labregos chegaran coas súas mercadorías a Vilagarcía. En
canto a María “A Boleira” foi detida e acusada ao tribunal
pola Garda Civil de coaccionar a unha leiteira despois de guindarlle
unha xerra de leite ao chan.


Sobre o día 29 o conflito ía calmándose , xa que as negociacións
ían tomando outro xeito; pero en Vilaxoán as cousas non ían tan
ben, xa que volveu o Tenente Coronel ao saber dos murmurios de
proxectos de sabotaxe e violencia, tomou medidas para que a
orde se mantivera con todo rigor.


O
día 30 de xaneiro o crego Benigno Santos Pazos, contesta nunha carta
ao director do xornal “Galicia Nueva”, desmentindo tódalas
acusacións que se facían en certos xornais da provincia. A carta
comeza co título: “Reconstituyendo la verdad”,
comentando entre outras cousas: “......totalmete ajeno a cuestiones
políticas de las que no entiendo ni quiero, y a todo lo que no se
relacione con mi ministerio y aficiones peculiares mías, vivo
haciendo cuanto bien puedo, ni reparar a quien. No debe ser del
agrado de alguien este mi proceder por cuanto existe en algunos, muy
contados afortunadamente, una gran tendencia a restarme
prestigios.........” ......mi plática del pasado domingo, fundada
en el Santo Evangelio del día, en la que, lleno de los mejores
deseos, les exhortaba a la paz y concordia dándoles la solución del
conflicto más razonable justa y equitativa.....”.
![]() |
Parte do artigo do crego Benigno Santos Pazos ao xornal Galicia Nueva |
Coido que o que comentaba o xornal La Concordia de Vigo, era o que
realmente pasou, poren, o crego saíu a defenderse no xornal Galicia
Nueva con máis suavidade e ao mesmo tempo denunciando solapadamente
a certas persoas (catro caciques) da parroquia coa tendencia a
deixalo mal parado. Facendo unhas pescudas, atopei de Benigno Santos
Pazos que era un poeta que publicaba os poemas en galego no xornal Galicia Nueva e A Nosa Terra co pseudónimo de Xaniño.
![]() |
Poema do crego Benigno Santos Pazos en a Nosa Terra |