XURISDICCIÓN DE SAN MARTIÑO DE SOBRÁN. SÉCULO XVIII
A xurisdicción de Sobran pertencía á provincia de Santiago de Compostela, como tamén as freguesías de San Miguel de Catoira e Santa Baia (oeste Catoira). Esta antiga provincia de Santiago, a primeiros do século XVIII, tiña unha superficie de 7.020 quilómetros cadrados e estaba composta por 27 vilas, 20 cotos redondos, 832 freguesías e a cidade de Santiago de Compostela.
![]() |
Pazo de Sobrán, 2014 |
![]() |
Condes de Maceda |
A mediados do século XVII, Sobrán
era rexentada polo III conde de Maceda, D. Xosé Benito de Lanzós e Novoa, nado
en Santiago o 11 de decembro de 1670,
que casou con María Teresa Taboada Villamarín. O conde e a súa muller
residían por tempadas no Pazo de Sobran.
En 1710, o Rei Felipe V concedeulle a grandeza de España da primeira clase.
Sucedeulle o seu fillo Dº Francisco
Xavier de Lanzós e Taboada, Señor de Sobran,VI conde de Maceda e IV conde de
Taboada nado no Pazo do mesmo nome e bautizado na igrexa de San Martiño de Sobran
(Vilaxoán) o 7 de decembro de 1699. Foi tenente xeneral dos Reais Exércitos,
xentil-home de Cámara do Rei Carlos III e visconde de Laiosa.
![]() |
Partida de Bautismo Francisco Javier nacido en Sobrán |
Non
deixou descendentes e sucedéuno a súa irmá María Ignacia de Lanzós e Taboada,
que estaba casada co conde de La Fuente del Sauco, Dº Xoán Manuel de Lando.
A finais do século XVIII e comezos
do XIX, quen rexentaba a xurisdicción era Dº Gonzalo Manuel Lando, VII conde de
Maceda.
O vencello do condado de Maceda coa
xurisdicción de Sobrán remóntase ao 12 de maio de 1652 cando casaron en
Pontevedra Bernardino de Lanzós e Andrade, II conde de Maceda, con Baltasara
Montenegro Soutamaior, filla de María de Soutamaior, Sra. de Sobrán. Ao finar
esta, herdou Baltasara o morgado da casa de Sobrán.

Moitas
familias aparecen vencelladas a esta xurisdicción e ao fermoso Pazo de
Sobran no percorrer dos anos. Nomes como
os Caamaño, Mariño de Lobera, Castro, Sarmiento, Andrade, Losada, Mendoza,
Maceda, Castelar e os Patiño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario