luns, 1 de abril de 2019

A ESCUADRA INGLESA



A ESCUADRA INGLESA
Desembarco e embarco no peirao de Vilaxoán


Destes anacos históricos que vou relatando neste Blog, vou ir escribindo pequenas anécdotas que teño no meu arquivo histórico sen espallarme moito para non cansar ao lector. Porén, neste apartado da Escuadra Inglesa, comezarei por esta anécdota e paseniño irei escribindo sobre a prepotencia dos ingleses nas súas estancias ao longo dos anos que estiveron fondeados estes barcos.
Porto de Vilaxoán naqueles anos


As notas e medios afíns oficiais, falaban da estancia da Escuadra Inglesa (estancias que comezaron a finais do século XIX ata principios do XX) como un feito moi importante e de benvida. Poren, non todo eran flores, senón que traian consigo unha morea de problemas aos nativos de Vilaxoán e Vilagarcía.

O 3 de xullo de 1903, chegaron novas aos xornais de Madrid de clamores de protesta e indignación ante feitos descontrolados en Vilaxoán por parte de mariños ingleses pertencentes á Escuadra Inglesa fondeada fronte a este porto, debido que unha parte de desembarcos facíanse no peirao de Vilaxoán. 

(1)
Os sucesos foron de estrema gravidade, actos reprobables como intentos de violación a mulleres, falta de consideración e respecto a todo mobiliario público ou privado das tabernas e a toda a poboación, liortas e abusando da xente deste porto. Os feitos foron tan graves que non houbo outra maneira que os vilaxoaneses, intentaron calmar os ánimos, pero a cousa foi a máis ante a prepotencia dos ingleses, onde a xente de Vilaxoán non tiveron outra forma que cando ían para embarcar nas lanchas da Escuadra, armándose dos mesmos remos das súas lanchas, obrigaron a embarcarse aos ingleses, a moitos os tiraron ao mar, algúns deles levaron unhas malleiras impresionantes, uns coa cabeza escachada e outros no lombo e costelas rotas.
No xornal Época de Madrid de 05 de xullo de 1903 comentaba: “bien hicieron los pescadores de Villajuan”


( 1 ) Na foto da escuadra (La Home Fleet) de 1910 onde se pode contemplar Vilaxoán, Faxilde e a Igrexa de San Martiño de Sobrán. Era mandada polo Vicealmirante Berkeley, como segundo Mr. Peary, entre moitos buques estaba composta principalmente polos acorazados: King Edward VII, Britania, Hibernia, Hindustan, Dominión e New Zealand. Cruceros: Shanuou, Achules, Cochrane,Talbot, Commonwealth e Black Prince. Buque taller Assistiance. (Foto xentileza de J. Carlos Porto)






VIDEO




Xentileza de J. Carlos Porto. Escuadra Inglesa en Arousa 1919



¿INTROMISIÓN Ó QUÉ?
Como veño dicindo, non só eran felicitacións por parte da autoridades militares de mariña española, concello e todas as corporacións, gobernador e algúns deputados, a realidade na rúas era outra, tanto pola súa prepotencia dos mariños ingleses e pasar polo forro algunhas leis e ordenanzas que seguro na Gran Bretaña iso non o facían. Chamoume a atención un xornal de Madrid falando desa prepotencia, o título do artigo sorprendeume: “¿Intromisión ó qué?”.
Mariños ingleses desembarcando
A escuadra fondeara fronte a Vilaxoán o 21 de xullo de 1905 , a cousa nada tiña de particular por ser abondo sabido do fondeadoiro das escuadras de Inglaterra en anos anteriores na Ría de Arousa, porén, o que foi un pouco raro foi un acto que intentaron facer os mariñeiros ingleses. Segundo as novas do xornal comentaba que, no monte Lobeira preto de Vilagarcía, tempo atrás fíxose un monumento dedicado que consiste na cruz que está mesmo no cumio do monte ás vítimas do mar, seica que foi por subscrición popular conmemorando a catástrofe e afundimento do buque Reina Regente en 1896 ( 1 ).
El Correo Español, 1905
Naquel entón foi invitada Inglaterra e mandou unha placa conmemorativa do naufraxio do cruceiro Serpent, acontecido en augas galegas. Porén, en 1905 os mariñeiros ingleses da escuadra subiron a Lobeira para reconstruír a placa que despois de 9 anos España abandonara. Sabido isto pola Garda Civil dos traballos comezados no monte por un grupo de mariños da escuadra, presentáronse forzas da Benemérita no dito monte para impedir que seguiran coas obras.
Despois de grandes esforzos, por non haber ningún mariño que falara español, chegaron a un acordo e pararon cos traballos, pero sen abandonar os ingleses o monte.
Durante todo este tempo de toma e daca entre as forzas da Garda Civil e os mariños da escuadra, estes estaban funcionando co telégrafo de bandeiras desde Lobeira ata a
Monte Lobeira, 2018
escuadra que estaba no fondeadoiro. Mentres tanto, as cousas que pasaban chegou ata as autoridades, onde o Gobernador de Pontevedra achegouse a Vilagarcía para falar co vicecónsul Inglés e o Almirante da flota. A autoridade gobernativa quitoulle importancia ao acontecido, dicindo que, os mariños ingleses descoñecían que tiveran necesidade de pedir permiso para reparar a placa co fin de perpetuar a memoria dos seus mariños que pereceran no naufraxio do buque Serpent, e ao mesmo tempo,

 

o Gobernador comentou que tan pronto as autoridades locais dean permiso poderían facelo, naquel intre os mariños abandonaron o monte Lobeira.
Monte Lobeira, mediados do s. XX
Porén, o Almirante lamentábase que o acontecido fora por unha interpretación non entendida, xa que creron que o permiso dado pola Aduana para desembarco dos materiais era abondo.
Non encanto, a opinión pública reclamaba que se fixera desaparecer os refugallos do monumento, que este incidente non volva a repetirse e que cumpran coas ordenanzas como as cumpren os nativos.

1 )- Este buque cruceiro de guerra construído nos estaleiros Thompson en 1888. Navegando o día nove de marzo de 1895 de Cádiz rumbo a Tánger, ao vir de volta e por
O Cruceiro Reina Regente, 1890
augas do estreito, atopouse cun temporal e foi a pique, onde os seus 420 tripulantes desapareceron con o buque, salvouse un mariñeiro que quedou en terra na cidade de Tánger por estar borracho. )
T.C.F.


==================================================

Abastecemento dos buques ingleses

Non todo eran problemas cos ingleses, xa que a cantidade de mariños que viñan a terra non todos facían falcatruadas. Cando fondeou a escuadra o día 13 de xullo de 1905, a dotación eran de 18.000 mariños ( superaba en número aos habitantes do Concello de Vilaxoán e Vilagarcía xuntos) repartidos en 16 acorazados, sete cruceiros e buques de apoio.  A escuadra (Home Fleet) estaba mandada polo Almirante Arthur Wilson abordo do acorazado Revenze

Acorazado Revenze

Non entanto, entre tantos mariñeiros sempre houbo ao longo dos anos que fondeaba a escuadra na Ría, algún que outro problema grave e menos grave de orde público, como o que aconteceu en Vilaxoán e outros en Vilagarcía. Cousa que irei contando sobre este tema en vindeiros escritos.



Daniel Poyán

Porén, os negociantes do Concello de Vilaxoán e Vilagarcía fornecían abondo estes buques en cantidades importantes de víveres e outras mercadorías. Un dos máis importantes era Daniel Poyán (1) que tiña os almacéns na Rúa Preguntoiro en Vilaxoán. Este comerciante recibiu un pedido de compra o día 20 de 500 toneladas de patacas e 450 bois que foron embarcados no peirao deste porto no vapor "Itálica" sendo neste mesmo buque que improvisaron a bordo un matadoiro. Esta mercadorías chegaron a pasar dos tres millóns de pesetas, cantidade moi importante naqueles tempos.





(1)-Daniel Poyán era un industrial nacido en Castela que afincouse en Vilagarcía, comezou por abrir un Café céntrico, concretamente no edificio do Hotel Universal, tiña uns almacéns de mercadorías na rúa Preguntoiro Concello de Vilaxoán. En Vilagarcía tiña almacéns de alpargatería, un estanco, exportador de cebolas e representante da Compañía Arrendataria de mistos e fósforos. Foi un dos principais promotores de regalar a Illa de Cortegada a Rei Alfonso XIII.


ALGUNHAS ANÉCDOTAS
O 21 de xaneiro de 1891, fondean a carón de Vilaxoán varios buques da escuadra inglesa que pertencían á flota do Canal. Eran o cruceiro Camperdown, de 10.600 Tn., mandado por Mr. B. Simpson. (1)Aurora, de 12 canóns e 3870. Cruceiro Curlew de 950 Tn. ao mando de Mr.P. Harlunw. Os buques de apoio Speedw, Bodne e Ausor.
Dez días despois de arribaren, falecerá un membro da tripulación do buque Aurora e o almirante da escuadra solicitou permiso ao Comandante Militar de Vilagarcía para que durante o enterro no camposanto inglés das Carolinas, se lle puideran facer as honras de ordenanza. O permiso foi concedido, e o domingo día 1 de febreiro é desembarcado o cadáver do mariñeiro en cuestión pero, de contado, o administrador da alfándega non permite que os músicos ingleses porten os seus instrumentos de xeito e maneira que o enterro realizouse a tambor batente dende o peirao ata o cemiterio. Se ben é certo que non houbo outros incidentes en terra,
(1)-Cruceiro Aurora, 1901
si que os houbo no mar porque como consecuencia das manobras que realizou a escuadra na Ría de Arousa, unha lancha de Vilaxoán atopou non sen sorpresa un torpedo de catro metros de longo por setenta centímetros de ancho, que ficou depositado na Comandancia de Mariña de Vilagarcía.

A escuadra inglesa retornou a finais de ano, o 2 de novembro e fondeou no mesmo lugar, fronte a Vilaxoán, sen que saibamos se o novo torpedo que apareceu o 14 de novembro na praia de Canelas foi outro “descoido” ou ben xa lles caera meses antes. Como viña sendo habitual desde entón, non se pediron responsabilidades por parte das autoridades españolas. Ante isto, asemellaba que a Ría era unha colonia Inglesa.