1916- 1920. ACONTECEMENTOS HISTÓRICOS PROTAGONIZADOS POR MARIÑEIROS DA VILA.
O nove de novembro de 1916, tivo lugar un episodio na vila que poucas veces ten acontecido na costa galega naqueles tempos de fai máis de cen anos, e coido, moito menos na Ría de Arousa. Eran as trece horas dese día de inverno, cando os patróns de Vilaxoán Manuel Bóveda. ao mando da súa lancha “Juanita”, e Francisco López, da embarcación “Elena”, ollaron á deriva preto da punta do Rial (ou punta do Esteiro) un obxecto moi raro que arrandeábase coas ondas do mar e coidaron que puidera tratarse dun submarino polo cor azul moureado.
Mentres se achegaban ao obxecto déronse conta que era un cetáceo, unha balea de grandes dimensións que dou unha arrincada e foi varar á praia das Sinas.
As tripulacións brincaron a terra na mesma praia e axudados por uns serradores de Corón que traballaban ao carón da Praia, botáronlle un rizón de catro puntas no oco que as baleas teñen preto da cabeza, trincándoa en terra por un longo cabo. Denantes de quedar en seco sobre as seis do serán, o animal dou unhas fortes sacudidas até quedar morta.
A praia das Sinas encheuse de xente que viña mirar o fenómeno mariño e, segundo as crónicas, era tanta que aquilo máis ben parecía unha romaría. Os vellos mariñeiros comentaban que xamais viran un animal semellante, dunhas dimensións de 16,40 metros de longo, dun peso que chegaba a 16.500 Quilos. Ao día seguinte foi poxada por 550 pts.
Alí
estivo un persoeiro de Vilagarcía coa súa cámara de fotos, Luís
Bouza Trillo, a quen lle debemos a fotografía que acompaña estas
liñas.
![]() |
Praia de As Saiñas (ao fondo vese a entrada e Punta do Esteiro) onde se avistou a balea, ao fondo vese o trasatlántico Cap-Arcona .Foto de 1918 |
![]() |
El Compostelano cunha pequena crónica da balea-18-10-1920 |
Desde
terra ao longo do porto e o Preguntoiro moita xente estivo ollando
esta operación dos mariñeiros pero ao final nada puideron facer.
Sobre as cinco da tarde a balea tomou a dirección da Punta do Chazo
entre a Poboa e Rianxo.
Cando
estaba ao carón do Chazo, O señor Places, dono dos estaleiros do
Chazo, disparoulle catro tiros e cravoulle un arpón. Tamén o
mamífero foi ferido por machados e coitelos onde quedaron cravadas
no lombo do animal.
Pola
noite colleu rumbo ao Faro de Rúa onde os mariñeiros de Vilaxoán
abandonaron a súa persecución.
![]() |
Xornal de Madrid La Accion coa nova da balea en Vilaxoán- 20 de outubro de 1920 |
Mentres uns mariñeiros afirman que
marchouse para a saída da Ria de Arousa, outros comentan que pode
estar varada nalgún punto da costa; pero o certo é que na noite anterior foi vista preto do Faro de Rúa.
Moi
interesante desa época é o que escribían os comentaristas dos
xornais onde comentaban cousas máis ben crematísticas en relación
cos gastos desa persecución da balea. Así o comentarista do xornal
El Compostelano escribía desta maneira: “Se calcula que
lleva adheridas más de 200 pesetas de valor en herramientas que le
fueron arrojadas en diversos punto de la Ría de Arosa”. Moi
pouco trocou o xornalismo de antano co de hoxe en relación cos
intereses do capital, hoxe é moito máis sofisticado neste mundo
globalizado.
Teo Cardalda F.
Ningún comentario:
Publicar un comentario