A IGREXA ROMÁNICA DE SAN MARTIÑO DE SOBRÁN
HISTORIA
A Igrexa de
San Martiño de Sobrán data do século XII. Seica foi levantada
sobre as ruínas dun antigo mosteiro do que poucos datos hai. Rutas de lo románico
en la provincia de Pontevedra, que o mosteiro de
Sobrán foi patrimonial e quizais dúplice e que perdeu a súa
categoría ao desaparecer os seus patróns.
As
novas tómanse da doazón que fixo o conde D. Ramón, asemade con
Dona Urraca, ao mosteiro de Antealtares o 28 de marzo de 1098.
Hipólito de Sa comenta no seu traballo
![]() |
(Praia do Preguntoiro onde se pode ollar a Igrexa) |
![]() |
(Interior e altar) |
Por estas
mesmas datas, a Raíña Dona Urraca fai doazón a Antealtares doutro
mosteiro de nome "Supratelio" de
Sobradelo, ao carón de Sobrán.
![]() |
Igrexa nos anos 30 |
No ano 1114
hai unha doazón á Catedral de Santiago, sendo Arcebispo
D.Diego Xelmirez, das pertenzas que tiña Ramiro Muñíz, incluíndo
a Igrexa, en ( San Martín de Severana ) Sobrán.
É
digno de mención o comentario que sobre esta igrexa fai Chamoso
Lamas: "esta Iglesia tiene que figurar entre los
monumentos próceres de nuestro románico y es una de las pocas que
se conserva intacta en lo que a influencias góticas se refiere".
A igrexa está ao carón do Pazo de Sobrán que pertencía ao Mariscal Suero Gómez de Soutomaior, quen reformou o Pazo empregando as pedras do derruído mosteiro de Cálogo de Vilanova,. Ao mesmo tempo pasaba a él o patronazgo da igrexa onde a vinculou e comunicou con unha porta lateral ao Pazo, porta que hoxendía está tapiada.
DESCRICIÓN
ARTÍSTICA
A igrexa de
San Martiño de Sobran é un fermoso exemplo da arte románica en
Galicia. A súa planta é rectangular, cunha soa nave e ábsida
semicircular. A bóveda, de canón semicircular, está sostida por
arcos transversais, apoiados en pares de columnas amosadas que
dividen a nave en tres compartimentos, dos que se abren xanelas con
arcos de medio punto, faltando a da parede central do Sur onde unha
porta, que foi pechada con ladrillos, conserva a portada exterior. As
xanelas teñen forma de seteira sendo a máis importante a que, na
parede Norte, dá luz ao coro, que ten dous pares de columnas con
capiteis, e unha triple arquivolta apoiada nos saíntes ábacos.
![]() |
(Outra prespectiva do interior) |
Esta arca
sepulcral, que descansa sobre dous leóns, cobre o fronte con tres
escudos que levan os blasóns dos Soutomaior, Aldao, Mariños e
Medoza.
A estatua xacente está vestida con as galas pontificais. As mans sosteñen sobre o peito un libro, e a cabeza descansa sobre tres almofadas escalonadas. Están dous anxos con libros nas súas mans parecendo como se estiveran entoando cánticos.
Seica, esta
obra lembra ao artista que fixo o mausoleo do bispo de Ourense, Don
Alonso López de Valladolid, que se atopa na beira dereita da entrada
da Azabachería da Catedral de Santiago de Compostela.
![]() |
(Parte sur e cemiterio) |
No outro
compartimento da parede Sur, figura a estatua xacente dun cabaleiro
armado do que non se coñece o seu nome, sen celada e cunha
espada sobre o peito. Polos escudos que ten o sepulcro, quizais
podería pertencer a familia dos Soutomaior.
Tres xanelas
saeteras, con lisas arquivoltas sobre columnas de sinxelos capiteis,
ábrense no ábsida do presbiterio que cubre unha bóveda de canón
rematada en cascaron, apoiada dun arco que divide en dous tramos a
capela maior.
![]() |
(Igrexa no ano 2001) |
Columnas
semiadousadas dividen por fora o ábsida en cinco tramos, salientando
no central belas xanelas de arcos de medio punto con arquivoltas de
bocel e xeitosos capiteis.
Na fachada,
de tres corpos, ábrese a portada con arquivoltas sobre pares de
columnas acodilladas de directriz semicircular, da mesma fasquía ca
da parede Sur. Unha colección de pequenos canos están baixo a
cornixa sobre a que se abre unha xanela semellante á portada na que
loce un rosetón.
ALGÚNS ARTISTAS AO LONGO DOS SÉCULOS
Neste
capítulo quero citar algúns artistas que dixaron a súa pegada na
igrexa de San Martiño de Sobran desde o século XVII ata finais do
XIX. En tan longo período de tempo, houbo en Vilagarcía e arredores
certa presenza inglesa e francesa, xa pois é sabido que foi
Vilagarcia a primeira cidade galega que lle declarou a guerra a
Franza e houbo un natural de Vilaxoan que mandou tropas que loitaron
contra os exércitos franceses, o capitán Xosé Pardiñas. A guerra
trouxo, como sempre, unha gran depresión económica e foron
numerosos os saqueos nas igrexas.
![]() |
(Plano da Igrexa) |
Na Ría de
Arousa non atopamos obradoiros e artistas locais de certa
importancia, de modo que a maioría das obras feitas na igrexa
de Sobrán pertecen a xentes de fóra da comarca ou de artistas que
procedían de Santiago, Padrón ou Noia.
Comezamos co
apartado arquitectónico, falaremos tanto da construción como das
restauracións e falaremos de mestres de obras, canteiros,
carpinteiros e albaneis.
CANTEIROS
Construción
da sacristía en 1690 por Domingo Insua, da vila de Troáns.
Arranxo das
paredes da sacristía en 1690, por Andrés Núñez de Santiago de
Compostela.
Retello e
arranxo do fallo en 1770 e arranxo do adro en 1771 ,por Benito Caneda
da freguesía de Dimo (Catoira).
Restauración
dunha parte do adro 1772-73, por Raimundo Besada de Dimo.
Lousado do
adro en 1799 e levantamento do campanario en 1802, por Bruno Baliñas
de Dimo.
Arranxo do
lousado do adro 1807, por Xosé Filgudiras, de Cuntis.
CARPINTEIROS
Retello e
arranxo do fallo 1770, por Benito de Aval, da vila de Vilaxoán.
Retello 1718,
por Simón Carvallo.
Obras na
sancristía en 1698-1700, por Gregorio da Silva, do lugar de Castro.
Retello e
arranxo do fallo en 1770, por Pedro López, de András, Francisco de
Navia, de Caleiro, e Cristóbal Vea, de Cambados.
ALBANEIS
Retello en
1684-85, por Pedro Ruso de Riveira.
Retello xeral
1717-19-20-21, por Benito De la Torre.
ESCULTURA
Caixa do
retablo en 1642,obra dun escultor de apelido Delgado.
Imaxe de San
Martiño esculpido en 1648, por Francisco Díaz, do lugar de Sisán.
Dourado e
pintura do marco do altar maior en 1766, por Andrés Xiráldez, de
Paradela.
Andas da
Virxe do Rosario en 1774, por Nathec de Portugal.
![]() |
(Parte sur da Igrexa ao carón do cemiterio) |
Arranxos na
imaxe do Rosario en 1803-04, por Cosme Núñez, de Boiro.
Cruz do Neno
Xesús en 1798, dourado e pintura dunhas andas en 1799, por Lucas
Pérez, de Padrón.
Retablo de
ánimas en 1718-19, por Rosendo Refoxos, de Vilanova de Arousa.
PRATEIROS
Composición
da cruz do pendón en 1792, por Nicolás Aller, de Santiago de
Compostela.
Arranxo da
cruz en 1617, por Mateo Falcón.
Dourado do
viril en 1677, por Xoán Gamallo, de Cambados.
Composición
da cruz en 1809, por Fernando López, de Santiago de Compostela.
Dourado do
cáliz en 1794 por Xosé Novoa , veciño de Santiago, onde traballou
nos derradeiros anos do século XVIII e primeiros XIX. Foi un
importante prateiro que realizou importantes obras na Catedral de
Santiago, como as trece varas de palio,
pertegueiros, pincernas e
silencios; seis copóns novos de prata; dous Santiagos de ouro con
pedras preciosas e outras composicións en 1788-89. Traballou en 1795
os bances das dúas andas e dous atrís. No ano 1805 fixo catro
copóns e en 1807 un Santiago de ouro. X. Novoa vivía na
freguesía de Salomé e suponse que alí finou no primeiro decenio do
século XIX. Composición do cáliz en 1661, por Francisco Oia,
de Cambados.
![]() |
Igrexa en 1919 |
Composición
do cáliz en 1771, coroa da virxe 1788, arranxo da cruz do pendón
1802, composición de vinaxeiras 1806, arranxo da culler do cáliz
1807, obras todas de Xaime Porto Mariño, de Santiago de Compostela.
Composición da cruz en 1765, por Dionisio Bens, tamén de Santiago
de Compostela.
A función
litúrxica, como temos visto, leva aparellada todo un conxunto de
atributos propios, desde as campás mesmas até, a confección de
ornatos sacros, reixas e algunhas obras de pintura. Hai, pois, outros
artistas que interveñen na realización de obras menores, suntuarias
ou non, que cumpre citar:
Marco e
tarima do altar maior en 1767, por Benito, do lugar de Abalo.
Casulla e
outras roupas en 1815, obra de Luís Beltrán, de Santiago de
Compostela.
Arranxo dos
pendóns en 1815, por Casaldarnos, de Santiago de Compostela.
Varios
obxectos de latón de 1771, por Diego Crespo.
Compoñer
asento e peana do altar maior en 1680, por Antonio Da-Priva.
Pendón de
damasco branco en 1801, por Jacobo Eiras, de Santiago de Compostela.
Compoñer
vidreiras en 1771, por Domingo
A. Fandiño, de Santiago de
Compostela.
![]() |
Igrexa e parte do Pazo de Sobrán. Foto sacada desde a Punta do Preguntoiro no ano 2016 |
Cancillas do
adro en 1719, por D. Piñeiro Fernández.
Composición
dunha troneira en 1702, por Domingo Fontán.
Composición
de vidreiras en 1789, por Rafael Guerra, de Noia.
Candeeiros de
madeira en 1771, por Francisco Navia, de Caleiro (Vilanova de
Arousa).
Pintura do
sombreiro do púlpito en 1782, por Pastor Cuteda.
Arranxo das
portas en 1617, por Xoán de Pazo.
Pintura do
monumento en 1796, dourado e pinturas baras do palio 1798, por
Lucas Pérez de Padrón.
Arranxo dun
pendón en 1804, por Domingo Lucas Rial.
Compoñer
vidreiras en 1802, e de novo vidreiras e máis troneiras en 1807,por
Sebastián Rodríguez de Carril. Pendón do Rosario en 1798, roupas
da virxe e casulla de damasco en 1799, por Manuel Rubianes. Catafalco
de defuntos e terno completo en 1850, por Alexandre San Martín, de
Santiago de Compostela. Despensa, oratorio da sancristía, compoñer
caixóns do altar maior en 1698-1700, por Gregorio da Silva de
Castro. Casulla negra en 1771, por Manuel Vicente. Casullas en 1767,
por Xoán Ilario, do porto de Vilaxoán.
Velaí algúns
nomes de artistas dos obradoiros de carpintería e ebanistería de
Vilaxoan que fixeron traballos en outras igrexas da bisbarra:
Manuel
Canosa, que fixo a lámpada do Santísimo en 1849 na Igrexa de Bamio.
Anxo (?), que renovou todo o tellado da capela sur da Igrexa de
Caleiro (Vilanova de Arousa) en 1909, e Benito Aval, que arranxou o
tellado en 177
![]() |
(Tumba dun Cabaleiro dos Soutomaior) |
OUTRAS
NOVAS DA IGREXA
Moitos foron
os saqueos que durante séculos sufriu a igrexa e como consecuencia
perdeu gran parte da súas riquezas: xoias, pinturas e tallas en
madeira e perpiaño, chegadas en doazón, desapareceron para
endexamais retornaren. Un exemplo das doazóns é o dun emigrante do
século XVII de nome Alonso Fiel de Cavarces, natural de Sobrán,
residente na cidade dos Anxos de Indias, que donou unha cantidade de
xoias importante.
![]() |
(Unha das columnas da Igrexa) |
![]() |
(Fachada da Igrexa en 1919, cando aínda estaba a escultura ecueste de San Martiño do século XVI. Desaparecida por arte de maxia) |
Os libros da
freguesía de Sobran que se conservan no Arquivo Histórico Diocesano
son: Libro de Fábrica de 1906-1945, Libro de la
Cofradía del Buen Jesús y Ánimas de 1678, Libro de la Cofradía de
Nuestra Señora del Rosario de 1667 e Libro de la Cofradía de
Nuestra Señora del Carmen de 1753. Este último recolle a
morte en combate durante a Guerra da Independencia do veciño de
Vilaxoán Juan Ozores, preto de Burgos, en 1808.
Outros dados que podemos tirar é o nome do Cofrade Maior en 1676, o Mordomo D. Ventura Gómez Mariño, xuíz do Coto de Sobran.
Dos moitos acontecementos que tiveron lugar nesta fermosa igrexa, quero subliñar un en especial, o vencello dos apelidos Valle e Inclán cando contraeron matrimonio o primeiro de abril de 1735 dous veciños de Vilaxoan, Pablo del Valle e María Inclán, tataravós de Ramón del Valle-Inclán.
A campá
grande é do ano 1903, realizada en Arcos da Condesa por Melchor
Ocampo. A mediana tamén foi feita en 1903 polo mesmo fundidor, e a
campá pequena é do ano 1833.
PÍA BAUTISMAL DO SÉCULO XIII
![]() |
Pía Bautismal |
A pía bautismal (s.XIII), é unha fermosa obra de cantería cedida en 1911 á Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, na actualidade pertence ao Museo da mesma cidade e pódese ollar na Igrexa de Santo Domingo onde tamén fica o sartego de Suero Gómez de Soutomaior, Señor de Sobrán irmán de Juan Mariño de Soutomaior fundador da vila e porto de Vilaxoán.
Algunhas pedras que embelecen o adro da Igrexa, pertencían a capela de Santa Mariña, hoxe desaparecida, unha perda e atentado cultural ao noso patrimonio Artístico, por preguiza, ignorancia, desidia, incultura e barbarismo. Desta Capela de Santa Mariña teremos outro apartado escrito, xa que gardaba unha estreita ligazón coa Igrexa de San Martiño.
Teo Cardalda Fernández
Ningún comentario:
Publicar un comentario