PAZO DE PARDIÑAS E OS SEUS
MORADORES
O pazo de
Pardiñas, tamén coñecido como Casa Torre dos Pardiñas Villardefrancos é de finais do século XVI. Este pazo serviu de morada, non como outras construccións pacegas que
eran de morada e agropecuarios, fica ao carón do
mar e no mesmo centro da vila. Está moi ben
conservado, ten unha
erguida torre, ousadas as súas gárgolas e grandeiros os balcóns. Na
porta de arco de medio punto formado por doelas, da paso a un
portal cun salón interior cunhas escadas que nos leva á planta
nobre. Un forte balado pecha a parte posterior cun pequeno xardín, que
antigamente limitaba co mar na badía do Tombo.
 |
(1)-1900-Mercado ao pé do Pazo |
Hai anos tiven a oportunidade de
percorrer o seu interior e tiven a sensación de atoparme no século XVIII, entre as súas paredes mantense viva a historia.
O pazo seica foi
construído por Xoán da Val e a súa dona María Pérez Leiro Romero, ambos vencellados a esta construcción
desde o ano 1591. Ademais, fundaron
tamén o convento de San Francisco de Cambados.
 |
Parte este |
O vencello do
pazo coa familia Pardiñas comezou un século despois, ao
casar Francisca Romero de Lis Bermúdez con Ignacio Pardiñas
Villardefrancos. Dona Francisca herdara tódolos bens e
dereitos dos seus pais, Plácido Romero de Lis e Xoana
Bermúdez, descendentes do devandito Xoán Da Val. Un fillo de
Ignacio e Francisca, Francisco Antonio Pardiñas Ayala Villardefrancos, nado en
Vilaxoán, fora reitor do Colexio de Fonseca a mediados do século XVIII.
 |
Balado da parte norte onde se atopa o xardín interior |
 |
Tumba de o Marqués de Pardiñas Ramón Sanjurjo e de a súa dona Sofía Neira no cemiterio de San Martiño de Sobrán (Vilaxoán) |
Dos Pardiñas vencellados a Vilaxoán, temos a Ramón Pardiñas Ayala e Feixóo
sobriño do devandito Reitor de Fonseca. (2)-D. Xosé Rafael Pardiñas Villardefrancos
e Varela, capitán retirado cando a guerra da Independencia en 1808 e que tivo
unha intensa actividade organizando as milicias defendendo a Vilaxoán
dos ataques dos franceses, causando varias baixas ao inimigo, finou D. Ramón en
Santiago en 1825. Este casara con Ana María Taboada, sendo o seu fillo Ramón
Pardiñas Villardefrancos e Taboada, Mestre de Campo e Deputado a Cortes e que
tivo unha actuación nas contendas civís do século XIX; a súa irmán María da
 |
(2)-José Rafael Pardiñas |
Asunción Pardiñas foi quen herdou todo o patrimonio e dereitos do Pazo de
Vilaxoán, incluído o pazo de Cereo Vello . D. Ramón Agustín Sanjurjo
Pardiñas Montenegro Marqués de Casa Pardiñas fillo da devandita María Asunción,
avogado, deputado provincial a Cortes e senador, condecorado coa
Cruz de Isabel
a católica, estaba casado Con Sofía Neira, tamén D. Ramón fora Alcalde de
Santiago, contan as crónicas de 1890 que fora un dos mellores
alcaldes que pasaron por Santiago, finou o 12 de xaneiro de 1917 no pazo e
soterrárono no camposanto de Sobrán.
 |
Porta da entrada principal de arco de medio punto formado por doelas |
Da familia dos Pardiñas
están soterrados no cemiterio de Vilaxoán o devandito D. Ramón Agustín, o
segundo Marqués D. Ramón Sanjurjo Neira, a terceira marquesa Dona Ramona
Sanjurjo Neira e mailo seu esposo o Xeneral D. Miguel De Castro Arizcun.
 |
Escudo |
A finais do século XIX o
tratamento de marqués de casa Pardiñas ostentouno Joaquín Arias Sanjurjo título
ao que renunciou; e que estaba emparentado cos Pardiñas de Vilaxoán pola liña
da última Marquesa Ramona Sanjurjo, Joaquín nacera en Santiago en 1860 e finou
na mesma cidade en 1946, estudiou Dereito en Compostela. A finais do século XIX
foise para Monforte a desempeñar gratuitamente a profesión de avogado, alí exerce unha influencia cultural e social. Esta inquietude cultural e a súa independencia política e vinculación ao rexionalismo, levouno a aceptar o pacto de ” Solidaridad Gallega”, movemento ao que se suma dende o primeiro intre. Convocou a Iª Asamblea Agraria de Monforte onde asinou moitas das súas conclusións, Foi Deputado Provincial, creou o “Centro Rexionalista Agrario”. En 1913 escribiu un duro e forte “Manifesto” contra as deputacións provinciais. En 1915 aparece entre os colaboradores da revista “España” de Madrid dunha orientación máis ben melquiadista, pero Joaquín mantén a súa posición política de republicano, agrarista e rexionalista. Foi moi coñecido o seu ataque á ORGA
 |
Estatuas do xardín interior |
e a Casares Quiroga. Publicou unha morea de estudios sobre temas moi diversos entre os cales o “Estatuto de Galicia” de 1932, sobre o “ Problema Ferroviario de Galicia”1935, “ El Problema Social de Nuestro Tiempo” de 1933. Coido que non é nada alleo ante a súa vida social e política que, o título de Marqués nada tiña que ver co seu republicanismo, e durante a súa vida fixo esquecer tal tratamento.
Os escudos de armas aparecen as faixas escaqueadas dos Soutomaior, o año e bolo dos Bolaño, os roeles dos Castro e as pombas dos Seixas.
Fronte ao pazo atópase un xardín cunha flora importante, antigamente este xardín estaba lindando coa casa pola parte sur. No ano de 1900 o Marqués de Pardiñas abriu un paso entre o Pazo e o xardín para que a xente do pobo puidera pasar.
 |
Porta de entrada ao xardín e ao interior do Pazo |
Neste mesmo ano o Alcalde de Vilaxoán Juan Ouviña, acordara establecer na vila un mercado que se celebraría o sábado de cada semana. O 6 de abril deste mesmo ano inaugurouse no mesmo lugar ao carón do xardín e fronte ao Pazo. O Alcalde anunciara que este mercado sería libre de impostos e adxudicaría premios aos mellores espazos que se presentaren. (01-Foto)
Na actualidade o Pazo pertence a familia Rodríguez Alarcón e atópase nun bo estado de conservación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario