CAPÍTULO
SEGUNDO
ASOCIACIÓN DE LABREGOS E MARIÑEIROS “LA HONRADEZ” 1915
Mariñeiro de Vilaxoán co arte de pesca o Medio Mundo na badía de Ferrazo, anos 20 |
Remata
o acto o líder agrarista Joaquín Núñez de Couto (2), a súa presenza ao subir á tribuna foi
recibida con aplausos frenéticos. Comeza o discurso dicindo que xamais se
ocupou da política miúda nin do caciquismo local, pero vese na obriga de facelo
nesta data, xa que o caciquismo de Vilaxoán e Vilagarcía é moi alarmante. Fala
da política da ganzúa de roubos e falsidades de políticos condenados á cadea.
Seguía dicindo Núñez de Couto que, as xentes de Vilaxoán que seguen cos seus
antigos explotadores son uns pobres comediantes, como as xentes das
cordilleiras do Caraballo que adoran a quen máis os azoutan. Fai resaltar o
grande fracaso do Sr. Alcalde e Corporación facendo tragar ao pobo aos caciques
máis odiados. Dedica palabras moi agarimosas ao Crego de Vilaxoán D. Benigno
Santos Pazos, que como “rara avis” achegouse á beira do pobo que sufre, que
traballa e que paga. Moi canso despois dunha hora de discurso, o Sr. Couto
remata entre grandiosos aplausos.
![]() |
As Saiñas, ao fronte a punta do Esteiro e máis lonxe A Gorma |
Ao
ano seguinte, concretamente o 11 de xullo de 1916, os xornais recollían un
acontecemento moi en acorde co caciquismo en Vilaxoán que viñan denunciando os
da asociación “Honradez”, o titular era moi elocuente: “Escándalo en Vilaxoán”.
Comentaba o xornal que, 1725 quilos de sulfato de
cobre (elemento que escaseaba
en España por mor da I Guerra Mundial) solicitado ao
Estado polo derradeiro
Alcalde de Vilaxoán Serafín Ameijeiras, para as asociacións de
labregos da
freguesía de Sobran. Este Sr. montara unha asociación de labregos paralela
para
tratar de dividir á única asociación con carácter reivindicativo e pertencente
á
Federación de Labregos de Galicia, como era “La Honradez”!.
Esta
asociación denuncia por medio do seu presidente Bernardino Ribeiro que, ninguén
dos asociados recibiu nin un quilo desa partida de sulfato de cobre,
sospeitando que eses 1725 quilos foron parar ás mans dun comerciante que os
está vendendo a 3 pts o quilo. Neste comunicado fan un chamamento e atención ás
autoridades que aínda non se deron por decatadas; na asociación pensan
que todo parece unha complicidade vergoñosa.
A
denuncia non quedou soamente nos xornais, senón que o Presidente Bernardino
comunica esta anomalía ao Deputado en Cortes pola Cañiza D. Alejandro Mon., xa
que el fora o que xestionara co Goberno esta subvención do sulfato para os
labregos de Vilaxoán. Alexendre Mon., fixo unha interpelación no Parlamento de
Madrid, sendo recollido polos xornais da capital de España como: “El
Escándalo de Villajuán”.
A Lodeira e fábrica de salgadura |
A Asociación
“La Honradez” estaba disposta a chegar ata o fondo do problema caera quen
caera, para saber o paradoiro do sulfato.
O
día 12 de xullo, unha nota do xornal Galicia Nova de Vilagarcía da conta dunha
notificación asinada polo Alcalde accidental Teodosio González ( o Alcalde Sr.
Viqueira atopábase de viaxe ), onde comenta o seguinte: “ hace un mes,
unos cuantos viticultores solicitaron al Ayuntamiento que rogase a la Dirección
General de Agricultura una partida de sulfato de cobre que estaba
subvencionado, y que éllos repartirían según sus necesidades, antes de
formular el pedido, recibí el encargo de D. Serafín Ameijeiras para 1725 quilos
con destino a las asociaciones de Villajuán, el sulfato llegó, luego se procede
al cobro de 1,90 pts. Quien ingreso el dinero en el Ayuntamiento del importe
del pedido fué el Sr. Salvador Galbán por encargo del Sr. Ameijeiras, y por la
misma orden de este Sr. recogió la mercancía. Desde ese momento cesó toda
intervención por parte del Ayuntamiento. Si el sulfato no llegó a los
agricultores de Villajuán, este Ayuntamiento es el primero en lamentarlo,
expresando su más enérgica protesta “. Esta nota leva a sinatura de
Teodosio González.
No
xornal “Galicia Nueva”, o seu director Xosé Fernández sae en defensa dos
labregos de Vilaxoán comentando nunha editorial digna de mención: “sabemos
que no llegó ni un solo kilo de sulfato a los socios de la Honradez, que es la
única sociedad de agricultores que existe en Villajuán, por lo que dice
el Sr. Alcalde accidental D. Teodosio González, sospechamos de quien llevó el
sulfato. Como dice D. Teodosio, que lo recogió D. Salvador Galbán por orden de
el Sr. Ameijeiras, por eso agradecemos Al Sr. Alcalde sus manifestaciones tan
aclaratorias”.
Como
xa veño comentando, e despois de estar pescudando na historia antes e despois
da anexión do concello de Vilaxoán ao de Vilagarcía; coido que esta anexión non
foi unha cantiga de amores eternos, loanzas, problemas económicos nin por
mor do Porto Comercial, como din algúns historiadores, que nos queren facer ver
que todo foi unha inquietude do pobo por anexionarse a Vilagarcía. Se
analizamos un pouco quen era o derradeiro Alcalde de Vilaxoán o Sr. Ameijeiras,
e polas pescudas que levo feito nestes anos pasados, podo dicir con toda a
seguridade sen receo a trabucarme, que o derradeiro acto do concello de
Vilaxoán en 1913, foi un amaño de fedor caciquil entre as forzas máis
conservadoras daqueles tempos de Vilaxoán e Vilagarcía.
Jesús Somoza |
O
25 de xaneiro de 1918, esta sociedade
nomeu unha nova directiva ao rematar os tres anos do anterior mandato, fora elexido
Jesús Somoza Villaronga onde ao ano seguinte fundouse o Pósito Pescador sendo
un dos fundadores con Francisco Santos Crespo.
A
directiva da sociedade de labregos e mariñeiros La Honradez fora a seguinte: Presidente,
Jesús Somoza. Vice, Ramón Sayar. Secretario, Salvador Vidal. Vice, José Otero.
Contador, Manuel Otero. Tesoreiro, Antonio Díaz. Vocais: Joaquín Buceta, Juan
A. Rodríguez, Manuel Martinez, Marcelino Nogueira, Bernardino Riveiro e Manuel
Suárez.
=========================
(2)-Joaquín Núñez de Couto, nado en Ourense e finado en abril de 1940, foi un profesor e agrarista galego. Foi director do Colexio de San Luis Gonzaga de Lugo (1893) e profesor do Instituto de Lugo. Foi catedrático do Instituto de Ourense (1899), e cofundador e director do colexio León XIII de Ourense e despois de Vilagarcía, ata 1923 en que o substituíu o seu sobriño Xosé Núñez Búa. Cofundador da Sociedad de Agricultores de Vilaxoán "La Honradez", foi presidente da Sociedad de Agricultores de Portonovo e da Federación de Agricultores do distrito de Cambados e participou como propagandista na campaña de axitación da Liga Agrario-Redencionista no verán de 1910.

Ningún comentario:
Publicar un comentario