ESTALEIROS
DE VILAXOÁN EN 1918-1920
Antes
de anexionarse o Concello de Vilaxoán ao de Vilagarcía en 1913
existían dous estaleiros en Vilaxoán, o máis importante en número
de traballadores e carpinteiros de ribeira era o “Astilleros de
Arosa”, eran os seus donos os señores Martínez e Goicoechea,
atopábase na praia das Saiñas ao carón do Esteiro. Os xornais
daquela época xa escribían del o seguinte: “este astillero
puede considerarse como un gran éxito para la industria naval de
Galicia”.
![]() |
Foto do Estaleiro Arousa. A xente agardando pola botadura. Ao carón está Vilaxoán co seu peirao e lonxa de mediados dos ano 60 |
O
barco que reproducimos na fotografía no mesmo estaleiro a piques de
ser botado ao mar, onde se observa unha morea de xente que veu á
botadura. Outra foto onde xa está flotando no mar. Isto acontecía
en xullo de 1918, seica que este estaleiro traballaban 65 persoas e o
barco ía con atraso por mor do andazo da gripe que desbastou a este
país cunha mortaldade arrepiante, sendo moi grave tamén en
Vilaxoán. Contan as crónicas daquelas datas nestes estaleiros a
gripe fixo moito dano, por esta data de xullo tiña de baixa a 45
obreiros, tendo en conta que na vila nese mes de xullo comezaba a
propagarse sendo os meses máis funestos agosto e setembro onde
a mortaldade era de entre un e dous cada día. Pola miña banda
non vai quedar sen escribir neste Blog da intrahistoria de Vilaxoán,
todos os detalles dese andazo da gripe que foi devastador para o
pobo; momento oportuno para facelo ante o estado de alarma que hoxe
estamos vivindo en marzo de 2020. Cousa que farei o escrito histórico o máis axiña posible.
O
buque era un Paquebote matriculado VILLAJUAN- I - e tiña as
seguintes características: Eslora, 31,50 metros; puntal, 3,30;
capacidade de carga 300 tn.. arbora de paquebote de tres paus.

Porén,
no estaleiro xa estaban colocando a quilla para un buque dunhas 1300
Tn. de carga, sendo as súa características: Eslora, 51 metros;
manga, 10; puntal, 5,80 e arborará de bergantín-goleta de tres
paus. O arqueo bruto era de 838 toneladas e o neto de 774. Este buque
foi botado ao mar o 14 de setembro de 1920, o atraso desde que se
puxo a quilla en 1918, debeuse ao andazo da gripe por falta de xente
e tardou máis do que agardaban. Este novo buque foi bautizado co
mesmo nome do estaleiro “Astilleros de Arousa”, era dun forte
casco de madeira, dunha fasquía liñas aparellado de
bergantín-goleta: ademais ía montado un motor semi-diesel de 200
C.V. de forza que lle permitía non usar as velas e facer as
recaladas sen auxilio externo e ao mesmo tempo fuxir da navegación
en calma que era un grande problema dos buques de vela.
A
arboradura tiña tres paus iguais, os dous de popa con masteleiros e
o trinquete con masteleirillo. Os tres paus eran de abeto americano.
Seica que o barco era dunha beleza e fasquía propia dos antigos
buques de vela; porén, para aqueles anos de “La Belle Époque”,
tiña unha moderna estética e condicións de seguridade mariñeira
que mereceu a primeira clasificación do “Bureau Veritas” de
Franza.
![]() |
Despois da botadura 1918 |
O
mascarón de proa, foi un agasallo aos armadores feito polo soado
artista Aniceto Marinas (1)
, que estivo en Vilaxoán esculpindo a talla no mesmo taller do
Estaleiro. Representa unha estatua de Mercurio que na súa man
dereita pendura a bolsa do ouro, mentres na súa man esquerda o
bastón alado. Coido que para facer o traballo nos talleres do
estaleiro tiña que pernoctar nalgunha casa o pensión da Vila.
Tamén
estaban a construír un vapor pesqueiro de 16 metros de quilla e
outras embarcacións menores. Como observamos a carga de traballo era
impresionante para esas datas cheas de dificultades.
O
outro Estaleiro atopábase en Canelas onde estaba a depuradora Pipla,
este estaleiro pertencía ao Sr. Manuel Valenciano. Por esas mesmas
datas, concretamente en xuño de 1918, botouse o paquebote VILABOA,
onde tamén foi presenciado por moita xente.
Este
barco, segundo as crónicas tiña un fermosa fasquía e os técnicos
comentaban: que era un dos buques feitos a conciencia da Ría de
Arousa, foi dirixido polo mestre carpinteiro de ribeira José
Priegue.
![]() |
O mesmo estaleiro no ano 1916. Ao caron do barco os bois para acarrexar os tablóns |
Este
paquebote VILABOA fora vendido para un armador por 300.000 ptas. Á
botadura deste xa ían construíndo coa colocación da quilla doutro
de 800 Tn. Para o mesmo armador.
E
importante suliñar que ante esa carga de traballo nos dous
estaleiros con preto de cen traballadores, como en outras profesións
e a xente mariñeira, Vilaxoán tiña 2.637 habitantes con
panaderías, médicos: Viqueira e Rafael Pazos. As tabernas de
Xoaquín Callón, Francisco Durán. Ultramarinos de María del Carme
Fuentes. O café de Manuel Fernández. A Pousada do Tombo
de Manuel
Fernández. Asociación de labregos e mariñeiros; xastrerías;
zapaterías; tecidos; mercerías; escolas de nenas e nenos a cargo da
mestra Carme Otivan e o mestre Juan Neroste; estancos, barbería ao
cargo de Marcelino Rodríguez; tres carpinterías que facían de
empresas auxiliares para os estaleiros sendo os seus donos: Román
Reino, Manuel Varela e Anxo Villaronga; modistas, albaneles etc.
![]() |
Zona do Esteiro-Saiñas onde estaba o Estaleiro Arousa foto de 1996 |
=========================
(1)-
Aniceto
Marinas García naceu en Segovia, na parroquia de San Millán en 1886
e finou en 1953 en Madrid. De familia humilde, logra unha bolsa da
Deputación de Segovia para estudar na Real Academia de Belas Artes
de San Fernando en 1884. En 1888 é bolseiro
para seguir os seus estudos na Academia de Roma, onde remata a súa
estadía en 1893.
==========================