FELIPE
RODRÍGUEZ PIÑEIRO
“PANTERA
DE AROUSA”
Preto
vai facer dúas décadas que se nos foi o grande Felipe Rodríguez
"Pantera". Non quixera deixar neste Blog da historia de
Vilaxoán sen facer un anaco da súa historia como boxeador, aínda
que tamén foi un campión na súa faceta humana como un daqueles
"bos e xenerosos" de Galicia.
Naceu
Felipe Rodríguez, “Pantera de Arousa” o 22 de decembro de 1953
en Vilaxoán. Quen sería o mellor dos pesos pesados de España,
comezou a súa andaina puxilista cando era un neno nun provisorio
ring, aló, preto da praia de Canelas.
Na Pelada (Faxilde) |
En
1972 disputou o seu primeiro combate, pasando axiña a formar parte
do equipo español afeccionado, erixíndose campión dos Xogos
Mediterráneos. Como amateur foi campión de España dos pesos
pesados en 1974 e 1976. En 1974 gañaría a medalla de prata do V
Torneo Internacional celebrado en Holanda.
![]() |
Felipe con Alain Delon na T.V. Francesa |
O
primeiro combate como profesional disputouno o 13 de maio de 1977,
vencendo a Francisco López Barrilado. O 1 de abril de 1978, acadou
en Pontevedra o seu primeiro título nacional dos pesos pesados tras
vencer a Fermín Hernández, título que ninguén logroullo
arrebatar.
Durante
os 1983-84, Enrique Soria encárgase da súa preparación e pelexou
en Alemaña, Dinamarca, Italia e Sudáfrica. No Pavillón de
Pontevedra foi onde máis combates disputou, poñendo en xogo o
Campionato de España fronte a Alfredo Evangelista, Avenamar Peralta
e Fermín Hernández. Pelexou catro veces polo título europeo, pero
non logrou gañar en ningunha ocasión. Entre os seus rivais cumpre
citar ao francés Lucien Rodríguez e o italiano Lorenzo Zenon.
![]() |
Felipe en Luar RTVG |
Disputou
38 combates, gañou 25, fixo 5 nulos e perdeu en 8 ocasións.
Pelexou contra púxiles como Tom Halpern, Albert Sybem, Tony Moore,
Terry O´Connor, Alí Lakusta ou Alfredo Evangelista.
Retirouse
do boxeo activo o 8 de agosto de 1987, tras combater contra o francés
Jean Chanel. Despois traballou nunha compañía de seguridade privada
e no programa “Luar” da TVG e finalmente volveu para Vilaxoán
prestando servizos como vixiante xurado na Confraría de Pescadores
“Virxe do Rosario”.
![]() |
Estatua de Bronce no Parque Dona Concha. (Vilaxoán) |
É
unha ledicia velo ao carón de galegos ilustres, escritores,
poetas, científicos e deportistas no libro Gallegos e
ver o seu nome na Gran Enciclopedia Galega, o que para
tódolos vilaxoaneses é un orgullo como tamén o será para as
xeracións vindeiras que sempre o lembraran como o “púxil de
Vilaxoán”.
O
1 de xuño do ano 2001, o Concello adicoulle unha estatua de bronce
no Parque Dna. Concha, obra do escultor Alfonso Vilar.
![]() |
Felipe e a súa familia no día da súa homenaxe (foto Voz de Galicia) |
Un
tumor cerebral acabou coa súa vida no primeiro día do mes de xuño
do ano 2000. O 8 de abril dese ano o pavillón de Fontecarmoa
(Vilagarcía)
resultou insuficiente para dar cabida a quen acudiu á súa homenaxe,
no que se respiraba unha sensación de despedida no ambiente.
![]() |
Rocords de Felipe Rodríguez Piñeiro (Pantera) |
Teo Cardalda F.
CRONOLOXÍA FOTOGRÁFICA DE FELIPE RODRÍGUEZ
Grande (pantera)Un orgullo das xentes vilaxoanesas!!!
ResponderEliminar