MARTÍN
SANTOS FERRÓN
Futbolista Internacional
Teo Cardalda F.
Martín
Santos Ferrón naceu na freguesía de Sobrán (Vilaxoán), na rúa
Marqués de Pardiñas o 9 de marzo de 1899.
Martín Santos no Real Club Alfonso XIII |
Martín
deu as súas primeiras patadas, non precisamente a un balón de
coiro, senón a pelotas feitas de trapo e cunchas de mariscos no
interior. Martín cando era neno xa poñía coraxe e comezaba a
despuntar coma un gran xogador e como xogaban no peirao de Vilaxoán,
en moitas ocasións o balón remataba no mar.
Naquel
entón en Galicia había catro equipos de fútbol: Real Club Alfonso
XIII de Vilagarcía, o Real Vigo, o Atlético de Pontevedra e o Real
Coruña e dos catro o que máis destacaba era o Real Vigo.
Martín Santos ficha con dezasete anos polo Alfonso XIII e terá como
compañeiros a grandes xogadores como Xoán de Hoz, Leona ou Pepe
Rei, entre outros.
En
1918 o presidente do club era Xosé Quintáns e o de honra Pedro
Seoane e ese ano, concretamente o 6 de marzo, El-Rei Alfonso XIII
concedíalle ao club o título de Real.
![]() |
Crónica de Galicia Nueva de 1916 |
Debutou
Santos o domingo 26 de maio de 1918 nun encontro co Vilagarcía S.
C., que gañou o Alfonso XIII por dous a cero. A prensa comentaba o
destacado papel de Santos a quen consideraban un gran defensa
esquerdo. Os seus compañeiros de equipo neste encontro foron os
seguintes Silva, de porteiro, Ramos, Pedrido, González, Blanco, Rei,
García, Bravo, Da-Silva e Rubianes.
Velaí
algún comentario aparecido na prensa:
“Siempre
elegante en la entrada, caballero en el juego y en su vida
particular, noble con la nobleza que nace del dominio de si mismo
supo imponerse de tal manera, que moi pronto fue el ídolo de los
públicos, que le dieron el sobrenombre del Zaguero de la
Elegancia”.
Foto de prensa cando estaba en Cuba |
O
19 de agosto de 1919, o Real Alfonso XIII enfrontouse o Real Stadium
de Oviedo, empatando a un gol, cos seguintes xogadores : Bernardo
Silva, Martín Santos, Pepe Rei, Serxio González, Xosé Baladía,
Manuel Vega, Federico Bouza, Teodoro Rei, Anxo Silva, Vicente
Carregal e Roque Rei. Mentres permaneceu no equipo de Vilagarcía
tería como compañeiros a Ramón Bravo,Francisco Tobio, Xosé
Troncoso, Domingo Dasilva, Anxo Mariño, Faustino Vázquez e Xoán de
Haz.
Mais
despois de xogar varios anos na formación do Alfonso XIII, M. Santos
tivo que coller o uniforme e facer o servizo militar obrigatorio en
África, e cando volveu coa licencia na man a Vilaxoán, tivo ofertas
de varios equipos pero deuse a casualidade de que chegou unha
comisión de directivos do Club Hispanoamerica de Cuba, que amosaron
interese en facerlle unha proba, e, unha vez rematada, deseguido
quixérono contratar. Así foi, o contrato incluía viaxes pagadas
entre Cuba e España e 160 dólares ao mes.
Equipo da selección cubana cando xogou contra o Español de Barcelona |
Na
illa caribeña decontado comezou a xogar no Hispanoamerica ao carón
de grandes xogadores como Cosme, Gonzalito e Conrado e o pouco tempo
foi seleccionado para o equipo nacional cubano.
Unha
crónica no xornal El Heraldo comentaba de M. Santos ao fío
do papel desenvolvido durante un partido disputado contra o Fortuna
Sport Club:
Crónica de diario De la Marina, onde fala sobre Martín Santos que fora un dos mellores xogadores da Selección. Na primeira plana aparece a foto do lexendario porteiro Ricardo Zamora |
“El as entre los ases del
balompié, M. Santos es un verdadero maestro del fútbol, una
estrella que ilumina con luz propia nuestro firmamento balompédico,
un diamante pulido, jugador maestro que sin emplear esas acometidas
brutales que hacen pensar al espectador que algo grave ha de ocurrir,
ora avanta la cabeza, la hace describir un círculo en el aire y
despide de sus dominios el balón, es valiente y decidido, esos
saltos que él dá para rechazar de cabeza el balón, saltos que no
fallan, pues siempre se le vé sobresalir de los demás con seguridad
inigualable. El Heraldo de Cuba se honra publicando en sus planas la
fotografía de este estupendo jugador, que en el corto tiempo que
lleva en Cuba, cuenta con una grande legión de simpatizantes
producto esto, de su juego vistoso e efectivo y de su caballerosidad,
tanto en el campo de juego y fuera de él, jugadores como este dan
prestigio al fútbol”.
Nun partido no estadio de La Habana. Santos sempre xogaba cun pano arredor da cabeza, os saltos que pegaba eran impresionantes |
Durante
un partido celebrado entre o Equipo Nacional Cubano e o Español de
Barcelona, no que xogaba Ricardo Zamora, unha multitude de xente
coreou o nome de M. Santos no Stadium da Habana, xa que fora o heroe
daquel tan disputado encontro e mesmo os xornais afirmaron que fora o
cerebro do equipo.
Entrenador da Selección Cubana nos xogos deportivos centro-americanos |
Foto dedicada a Martín Santos en Cuba de Jesús Rodríguez Bouzas |
O
Español xogaba con Ricardo Zamora, Saprira, Portas, Trabal, Esparza,
Caricedo, Olarriaga, Ventrolá, Oramas, Padrón e Yurrita.
Tras
un partido amigable que disputou a selección de Cuba contra a de
Uruguai, que viña de gañar os Xogos Olímpicos de Amsterdam en
1928, ofrecéronlle xogar no Nova Iorque mais non aceptou, pois dicía
que en Cuba atopábase moi ledo.
Título de adestrador para entrenar o Castilla |
Entrenador do filial do Real Madrid o Castilla |
Entrevista do xornal Marca de Madrid en 1943 |
Unha
das moitas afeccións que tiña aparte do fútbol e outros deportes,
era a literatura. Martín Santos era fillo de Francisco Santos Crespo
que fora fundador en 1919 e secretario do Pósito de Pescadores(Confraría) compaxinando esta faceta co de ser administrador do Marqués de Pardiñas Ramón Agustín Pardiñas Montenegro, que finara o 12 de xaneiro de 1917 onde foi soterrado no cemiterio de Sobrán (Vilaxoán). Antes de finar o Marqués regaloulle a escopeta de caza ao pai de Martín Santos, cousa que pasou dita arma (hoxe peza de museo) aos descendentes de Francisco Santos Crespo. Na actualidade está en posesión de Martín Santos Villar, fillo de grande futbolista.
Neste anaco da historia teño un pracer especial e orgullo por escribir sobre Martín Santos Ferrón, xa que tócame familiarmente como tío-avó. Finou
o 25 de agosto de 1964 o “Zaguero de la Elegancia”.