A SALGADURA EN
VILAXOÁN, SÉCULO XVIII
Os mareantes da vila alternaban a recolleita da ostra coa
pesca ao longo da primeira metade século XVIII, moitos deixaron a súa vida no
Atlántico. Como o naufraxio acontecido en marzo de 1722 a unhas 15 millas da costa de
Portugal. Neste naufraxio desapareceron para sempre os veciños de Vilaxoán:
Nicolás Díaz, Manuel Fernández, Antonio Soutelo e Xoán Lourenzo, este é un
exemplo dos moitos que houbo ao percorrer dos anos deste s. XVIII.
Na metade deste século, concretamente nos anos 1750-1755, foi
cando en Vilaxoán vaise a nota-lo pulo da industria da salgadura coa chegada
dos primeiros cataláns, que eran expertos nesta importante industria do peixe
salgado. Ao chegar o ano 1778, Vilaxoán era o porto máis importante da Ría de
Arousa pola cantidade de fábricas que estableceron nesta vila.
|
Carta de A Ría de Arousa de Pedro Teixeira (Lisboa) 1634 |
Na década de 1750-60, os portos
comprendidos na antiga provincia marítima de Pontevedra, entre eles o de
Vilaxoán, zarpaban máis de cen barcos anualmente en leva-la sardiña a Portugal.
Estes barcos chamados os Vascotes ou de Revenir ían cargados de 700 a 800 milleiros de sardiña.
|
Bases de salgadura na Ría de Arousa, Vilaxoán aparece como base e porto de
distribución. |
Nos anos 1785-1790, o porto de
Vilaxoán avantaxaba aos portos máis importantes de Galicia na exportación de
sardiñas salgadas; ao remata-lo século había vinte fábricas de salgadura,
froito do traballo dos nativos e do capital invertido daqueles cataláns que
viñeron no ano 1755 como foron: Antonio Fábregas, Xosé Fontanals, Nicolás
Ferrer, Tomás Martí, Francisco Sabriá e os irmáns Fidel e Xoán Curt. Estes
foron os principais pioneiros da industrialización pesqueira deste porto de
Sobrán. Avegáronse nas zonas do Preguntoiro, Pumariño, Tombo e Torás, moitos
deles eran naturais das poboacións de Arens de Mar, Blanes, Calella, Cubellas,
Canet de Mar e outras poboacións de Cataluña. Ao longo dos anos fóronse
destacando como industriais importantes Fidel Curt e Tomás Martí.
Fidel Curt o primeiro que fixo ao
avegarse en Vilaxoán, foi comezar a explotar aos nativos axustando os prezos
cos patróns das lanchas con actas de escribán, para que se lle dera toda a
sardiña ao prezo de 5 reais o milleiro en agosto e setembro, e 10 reais o resto
dos meses; no contrato tamén puña que a sardiña que pescaran non a poderían
vender a outra persoa aínda que lles prometera máis diñeiro.
Tomás Martí tiña a fábrica nun
terreo á beira da súa casa, na rúa do Tombo ao carón do mar. Chegou a ser Martí
o máis adiñeirado da Ría de Arousa nos finais anos deste século, tiña catro
barcos de pesca e un bergantín; cando finou a primeiros do século XIX a
herdanza que deixou, chegaba a dous millóns de reais e un importante
patrimonio.
Pero mentres os cataláns enriquecíanse
abondo, non era así para os mariñeiros nativos de Vilaxoán e doutras poboacións
da Ría de Arousa, estes case sempre vivían baixo os donos cataláns, servíanse
deles para explotalos como precarios xornaleiros. Meijide Pardo nos seus
escritos de pescuda di, que en 1795 dende Pontevedra o Administrador da Renda
de Salinas de Galicia dá conta a Madrid de certas anomalías con respecto aos
mariñeiros, entre outras cousas dicía: “la ganancia de estes mariñeiros a penas les
llega para salir del día, pasando el resto del año en la indigencia y
desnudez”.
|
A Traiña |
Os cataláns facían préstamos aos
mariñeiros, hipotecando terras e casas para que mercaran barcos e aparellos,
tendos deste xeito controlados economicamente. Os mariñeiros comezaron a
chamarlle a estes cataláns, por unha banda fomentadores, e por outra
explotadores.
A
arribada destes emigrantes cataláns, en boa parte foron por homes oportunistas
xa que con un pouco de diñeiro pretendían obter grandes beneficios no menos
tempo posible, tanto a nivel persoal como formando empresas mercantís. Eran
algunhas empresas de tempada, de pouca vida, xa que nestes casos a maioría
delas non duraban máis que un ano, e logo volvían a constituírse ao seguinte
ano co mesmo dono ou con outros socios.
Nuns
escritos de Xosé Cornide en :”Memoria
sobre la pesca de sardina en las costas de Galicia. 1774”, comentaba: “ Vivía esta (Galicia) en el seno de la paz
y de la abundancia; gozaba de los frutos de su costa y su suelo, sin la zazobra
de perderlos en el futuro. Extrahíalos en naves propias a los países
extranjeros y las retornaban cargadas de muchos géneros de preciso consumo y de
gruesas sumas que aumentaban su moneda. Ignoraba las fatales consecuencias del
lujo, porque no lo conocía. Y he aquí se presentan los industriosos catalanes,
esos holandeses del mediodía, que vinculan su subsistencia en los productos de
su industria;
|
Fábrica de salgadura en Vilaxoán, 1932 |
esos hombres especuladores, cuyas operaciones dirige sólo el
interés. Y derramándose en varias colonias de pescadores y traficantes por la
costa, ocupan hasta la más pequeña ensenada; emprenden la ruína de la pesca,
trastornan el comercio de sus naturales dejándolos en una sujeción precaria.
Abusan de la sencillez de los incautos pescadores, empéñandolos en contratos
que causan ruina y anticipándoles en vinos y aguardiente el valor de su futuro
trabajo, vician sus costumbres y fomentan so ociosidad; porque no pudiendo el
deudor disponer de su producto, le mira con tedio y le reputa por perdido.”
|
Outra prespectiva da mesma fábrica en Vilaxoán, 1932 |
Xosé
del Río Cossa autor dun arbitrio que remitira ao Ministerio de Mariña co
título: “Contribución gravosa a la Pesca y Salazón”, dicía que
deploraba a triste situación dos mariñeiros en Galicia convertidos en
serviciais dos cataláns, rematando o escrito desta maneira: “se
aprovechan del sudor de tanto rudo infeliz, es considerable la ganancia que
reporta al negociador foráneo, el ramo de la sardina y demás pescados despues
que salen de las manos de los infelices pescadores matriculados, no lucrándose
estos en nada en comparación de aquellos, a quienes venden la pesca así que
llega del mar, bajo el precio que les acomoda, y se ven precisados a cederles
por el subyugo de ser sus artefactos”.
En definitiva, os
cataláns introduciron o sistema capitalista na produción pesqueira; tendo en
conta que ata o intre en que chegaron estes “fomentadores” os mariñeiros de
Vilaxoán como os demais pobos da Ría de Arousa e Galicia pescaban a sardiña
dunha maneira artesanal ou tradicional coa arte chamada “xeito” dunha lonxitude
de setenta metros de longo e dezaseis ou dezaoito de ancho cunha embarcación de
nome “lancha xeiteira” ou dorna. Cando impuxeron os cataláns a “xávega” era
unha arte que tiña entre os trescentos e
os seiscentos metros de longo, cunha embarcación moito meirande que a dorna
xeiteira. Estes métodos capitalistas e enriquecemento rápido da pesca,
trouxeron moitos problemas aos cataláns con enfrontamentos cos mariñeiros,
problemática que espallo máis documentada en vindeiras páxinas.
|
Primeiros anos do século XX na fábrica de Zoilo Trigo Vilaxoán |
Mentres duraba o tempo da colleita
da sardiña, que é de xuño a setembro, case tódolos cataláns avegados en
Vilaxoán vivían para este traballo, e nos outros meses negociaban exportando o
produto traballado da sardiña. Cando a pesca era moi frouxa, facían negocio con
outra modalidade de produtos: viño, licores, coiros, ferros, brea, xabón, liño,
aceite, etc. No negocio do viño controlaban a exportación dende Vilaxoán, eran
os típicos exportadores que lles interesaba este porto, por mor de que tiña
Alfándega e Subdirección de Mariña, e viñan tamén a este porto a vende-la
sardiña os barcos de Carril, Illa de Arousa, Vilanova e O Grove.
|
Publicidade da fábrica de Zoilo Trigo |
No negocio do viño, os cataláns
traíano a bordo dos navíos na viaxe de volta de Levante, sendo un negocio máis
de lucro mercantil. Non só negociaban cos viños de Cataluña e Andalucía, tamén
das colleitas desta Bisbarra do Salnés, tanto estes viños como os de fóra os
exportaban ás poboacións de Galicia, en especial a Ferrol polo seu consumo, ao
ser base naval e asento dos arsenais da mariña.
Tiñan
controlados tódolos medios de produción, exportación e importación, sendo a
dependencia dos nosos antergos cada vez moito máis. O profesor economista Xosé
M. Beiras Torrado, comenta sobre este
tema : “os cataláns nunca chegaron a afincarse aquí nin potenciaron o
desenrolo doutras industrias auxiliares ou complementarias que a pesca e o
comercio das conservas poderían impulsar, dado que estes insólitos
inmigrantes ( Xosé M. Beiras os bautiza desta maneira), volven ao seu país
en canto se enriquecen e de feito, mentres o fan, envían alí as súas ganancias”
A partir do ano 1775, chegarían a
este porto unhas cantas familias máis de Cataluña, como Francisco Batista,
Xaime Bosch, Xoán Fábregas, Xoán Poch, e Francisco Prats. Un pouco máis tarde,
concretamente nos anos 1788
|
Farramentas das fábricas |
e 1795 chegaban outras familias: Antonio Bargués,
Pedro Bori, Salvador Buhígas, Manuel Cardona, Antonio Carrero, Xaime Comas,
Carlos de Haz, Pablo Jover, Xoán Murta, Pablo e Ramón Poch, Manuel Roquete,
Xerardo e Venancio Tapias e Francisco Vila; a maioría deles rematando este
século, tiñan as súas fábricas en Vilaxoán e tamén no Grove, nos pequenos
portos, case todos eles eran veciños de Vilaxoán.
Fidel Curt non só asentara as
fábricas en Vilaxoán e o Grove, tamén as instalara na Pobra do Caramiñal, Santa
Uxía de Ribeira e Corrubedo, era dono dunha flota de galeóns de nome: “El Buen
Jesús”, “Animas” e os Bergatíns “Manuel”
e “Nuestra Señora de la Misericordia”.
A maioría das familias nativas desta
vila se poñen ao servizo dos cataláns na labor do proceso de industrialización,
case toda a totalidade dos mariñeiros traballaban na pesca da sardiña para a
salgadura. Na labor do prensado, eran as mulleres quen tiñan esta tarefa,
algunhas destas mulleres non só eran do porto de Vilaxoán, tamén viñan das
aldeas de Faxilde, Lagoa, Galáns, lugares desta freguesía de Sobrán. Polo xeral
estas mulleres non estaban inscritas no gremio do mar (Matrícula del Mar),
tiñan o costume de laborear no campo e fiar, e cando era a colleita da sardiña
traballaban na salgadura.
|
Mulleres acarretando a sardiña no peirao de O Preguntoiro, 1925 |
As opinións vertidas dos galegos
sobre os cataláns eran de moitos cualificativos: Fomentadores, Operadores,
Explotadores e Introdutores de Técnicas de Pesca. Sobre esta última definición,
os mariñeiros galegos non estaban de acordo en usar técnicas de pesca que implantaron os cataláns,
tan en desacordo estaban, que ocasionou fortes e graves enfrontamentos ao
implantar os cataláns a arte de pesca Xávega (esta arte de pesca era un dos
recursos de lucro na Ría de Arousa), en 1770-80 o emprego desta arte, orixinou
enfrontamentos entre os mariñeiros e cataláns, algúns destes enfrontamentos
foron moi violentos. Os mariñeiros queixábanse de que non se empregaban cercos
naturais e outras redes usadas antigamente, senón que coa Xávega a pesca era moi
nociva, xa que estes aparellos recollen as crías da sardiña.
|
Contrato de carga desde Vilaxoán a Bilbao 1805 |
Ante
estes acontecementos xurdiron unha morea de motíns en moitas partes das costas
de Galicia. Algúns exemplos que se saiba como o de Corcubión en 1757, onde os
mariñeiros e a súas mulleres levantáronse contra os cataláns e as persoas que
traballaban coa Xávega, rompéndoas. En Cee no mesmo ano, as mulleres da vila
tocaron as campás para convocar ao pobo, ían armadas de paus, pedras e furcos,
pedindo aos cataláns que pescaran co mesmo trato e termos que antano tiñan os
veciños. Xente de Muros que desembarcou
en Portosín como si fora unha escuadra en batalla, prenderon lume a unha casa e
fábrica de sardiña que alí tiña un catalán, logo queimaron outras casas e
fábricas de Salvador Martorrel que tiña na mesma vila. Asaltaron e queimaron
outras catro casas e fábricas no Porto do Esteiro, isto aconteceu no ano 1812.
|
Contrato de carga |
Nas datas do reinado de Carlos IV,
houbo uns anos no que se privou o emprego da Xávega, concretamente no ano 1807
por unha orde do Capitán Xeneral do Departamento de Ferrol, onde dicía que se
prohibía o emprego da Xávega nos mares de Galicia, menos na Ría de Ferrol nos
meses da colleita da sardiña. Contra esta orde protestan os cataláns Boch,
Buhígas, Curt, Poch, Martí, Jover, Haz, Roquete e Tapias, todos eles veciños de
Vilaxoán.
Segundo os escritos de Meijide
Pardo, as protestas dos cataláns expoñían ao Capitán Xeneral as súas razóns
para o emprego da Xávega: “que en atención al hecho de haber contribuído
con la mayor prontitud con cuantos impuestos dispuso la Corona para sus precisas y justas
urgencias, Carlos IV les había concedido la franquicia, entre otras cosas, de
emplear Jábegas y Xeitos para capturar la sardina y que pudiesen usar de las redes
y clase de embarcaciones que más les acomode en todas las costas de Galicia”.
|
Contrato de carga de Vilaxoán a Alacante |
Un dos asinantes desta protesta fora
Salvador Buhígas, Exercía de Procurador Síndico Xeral en Vilaxoán, representaba
tódalas fábricas da Ría para formular calquera queixa ao goberno de Carlos IV.
Salvador Buhígas Jenma estaba casado
con Teresa Prat Pons, deste casamento naceron en Vilaxoán, Ulpiano e Salvador
Buhígas Prat. Ulpiano dedicouse á explotación de
ouro en Australia, ven para España e funda unha fábrica de mistos en Carril,
emigra a Uruguai onde dedicase á industria da carne bovina, pescudando a
maneira de conserva-la carne. O Concello de Hixiene Pública de Montevideo
patenta o sistema Buhígas inventado por el, para a conservación da carne.
A finais do século XVIII a demanda
de peixe curado era importante dabondo, xa que as remesas que se fixeron por
vía marítima foi preciso alugar navíos de bandeira estranxeira coa finalidade
de poder prover da sardiña curada con regularidade.
En 1800 o Sr. Martorell fai un
contrato de carga co patrón da fragata de Dinamarca “Mariane”, atracada no
porto de Vilaxoán, para transportar 350 pipas de sardiña salgada a Cartaxena e
Barcelona. Curt e Mascato tamén axustan prezos de fretamento co capitán do
navío danés “La Providencia”, para levar ao porto de
Almería unha carga de 447 milleiros de sardiña.
|
O catalán Antonio Sabriá fai un prèstamo hipotecario a un veciño de Vilaxoán. 18-08-1829 |
Outros industriais cataláns de
Vilaxoán, como Bosch, Jover, Poch e Riva, concertan un transporte en 1805 co
capitán do bergantín sueco “Enigheten”, de 300 pipas de sardiña para Tarragona;
neste mesmo ano Félix Jover fai contrato co capitán do navío sueco “Juana
Beata” dende o porto de Vilaxoán ao porto de Almería, de 33 cascos contiñan 322
milleiros.
Meijide Pardo comenta nos seus escritos:
que os rexistros alfandegueiros sobre os anos de 1796
a 1806, din claramente ata que punto o porto de Vilaxoán era a
“principalísima” base exportadora de
toda a Ría de Arousa, onde máis do 80 por cento do volume anual de sardiña
salgada e prensada foi expedida deste porto (sendo descoñecida a cantidade que
foi remitida para o consumo interior de Galicia e Castela), o 20 por cento
restante das remesas exportadas, foron dende os portos de Vilanova de Arousa,
Santa Uxía de Ribeira, Carril, Vilagarcía, O Grove e Cambados. Nembargantes hai
dúas xustificacións para que o porto de Vilaxoán fora tan destacado, a primeira
era o feito da cantidade de fábricas que se atopaban instaladas nesta vila. A
segunda, por mor de que o devandito porto tiña alfándega e Subdirección de
Mariña, onde pagaban os dereitos de saída do peixe.
|
Pescantinas de Vilaxoán lavando o peixe no Cavadelo |
Nos estudios de pescuda de Meijide
Pardo, recollo os destinos e cantidades de sardiña embarcada no porto de
Vilaxoán dende os anos 1796 ata 1802 (as cantidades veñen recollidas en
milleiros).
1796
|
1797
|
Levante
(a)....... 5.624
|
Levante
(a) ..............4.300
|
Cádiz
(a)............. 204
|
Levante/Livorno
......1.500
|
5.828
|
Asturias
.......................150
|
|
Ferrol
............................46
|
|
5.996
|
1798 (b)
|
1800 (b)
|
Levante
(a) ........... 4.900
|
Levante (a) ........3.670
|
Levante/Livorno
....3.260
|
|
8.160
|
|
1801 (b)
|
1802 (b)
|
Levante
(a) ........5.300
|
Levante
(a)......14.700
|
Bilbao
...................280
|
A
Coruña .............300
|
5.580
|
Asturias
...............230
|
|
Cádiz
...................190
|
|
15.420
|
(a).-
Tamén estaban incluídos os portos de Cataluña.
(b).-
Por estar algunhas partidas en cascos, son estatísticas aproximadas.
O
volume total de embarque por este porto dende 1803 ao 1806, foi dun pulo moi
importante, non só embarcábase para os devanditos portos, tamén despachouse
sardiña para outros portos da xeografía española e de Portugal, sendo estes:
Santander, Sevilla, Oporto, Canarias, etc. As remesas embarcábase para Vigo, A
Coruña e Ferrol as máis delas eran para transbordar a outros barcos de maior
porte, barcos que facían rutas ás nosas posesións de Indias ao través dos
Correos Marítimos da Coroa, ou ben a bordo e navíos de compañías privadas.
|
Carta da Ría de Arousa, 1791 |
Dende os anos 1803-06, as cantidades
despachadas dende Vilaxoán, foron de 66.501 milleiros. Os meses do ano que máis
se exportaba eran os de decembro, xaneiro e febreiro, un pouco menos os de
setembro, outubro e novembro, polo mes de marzal era moi pouco o que se
exportaba. Os restantes meses as cantidades eran de miudeza.
Tamén exportábanse en poucas
cantidades outras clases de peixes, como o polbo e o congro curado. Para os
portos de Levante no ano 1796, exportábanse 400 quintais de congro, cantidade
que fora aportada neste ano por Tomás Martí.
Na metade deste século XVIII en
Galicia houbo un mercado moi importante de bacallau, importado por navíos e
negociantes estranxeiros. Entre outros portos de Galicia que importaron o
bacallau, o porto de Vilaxoán algo tivo que ver nos anos 1734 e 1737, onde
chegaron algúns navíos de bandeira de Inglaterra que viñan de Terranova a
descargar bacallau para o consumo de Galicia.
A DECADENCIA DA INDUSTRIA DA SALGADURA
Comezou a decadencia desta industria a partir de
1815. A principal causa xurdiu da falla do producto imprescindible como era o
sal. Non soamente afectou ás fábricas de Vilaxoán, senón a todas as que estaban
situadas no entorno da Ría de Arousa e outros portos de Galicia. Porén, teño que suliñar que pola cantidade de fábricas, barcos, e persoal tanto do
mar como de terra, a incidencia foi máis acusada no devandito porto.
Os fomentadores cataláns recibían o sal das bases
de Alacante, Cádiz e Setúbal. O fornecemento deste producto, entón era
monopolio estatal, tiña unha maior intensidade cando chegaba o mes de agosto de
cada ano, sendo xeralmente esa época polo inicio da pesca costeira da sardiña.
A
importación do sal chegaba a grandes cantidades na segunda metade do século
XVIII, cando os cataláns acadan o máximo rendemento da producción. Os portos
máis importantes de desembarco do sal eran Carril e Vilagarcia, co arribo dunha
morea de barcos procedentes dos devanditos portos. Por exemplo entre xuño e
decembro de 1805, soamente polo porto de Vilagarcia entraron once barcos
estranxeiros cargados de sal, eran barcos daneses, suecos, xenoveses, rusos e
portugueses.
Mais non sempre púidose ter o nivel de
regularidade deste producto que era a base fundamental e vital para as
factorías catalanas. O problema foise extremando por un problema conxuntural e
conflictivo daquela época; loitas con Francia, Inglaterra ou Portugal reinando
Carlos IV, e despois a Guerra da Independencia. Todos estes problemas crearon
moitos contratempos para fretar barcos, inclusive de bandeira neutral.
|
Dornas do Xeito |
Cando a escaseza do sal tiña a coincidencia cos
meses de abundancia de sardiña, o problema facíase moi critica para os
fomentadores e para os mariñeiros. En 1797 houbo unha abondosa pesca nos meses de agosto a decembro
e a falta de sal fixo que houbera peticións ao Goberno, solicitando o subministro
preciso para poder soster as empresas da salgadura. Máis o Goberno non lle vía
saída a este problema por canto lles comunicaba aos fomentadores o seguinte: “ la
navegación portuguesa sigue interceptada por los corsarios franceses, sin que
los capitanes extranjeros concurran con los cargamentos de sal pedidos”.
En 1801, que foi outro ano de extrema penuria, ao
non facer moito caso o Goberno aos fomentadores, estes trataron de axenciar o
sal polos seus propios medios. Esgotadas as existencias nos alfolíes de Padrón,
Vilagarcia e a Pobra do Caramiñal e vendo como a pesca era abondosa, solicitan ao Intendente Xeneral
de Galicia lles conceda especial licencia para mercar o sal en Portugal. O
subministro do sal portugués considerouse sempre de vital importancia para
soster a productividade das salgaduras galegas.
O declive en Vilaxoán comezou no primeiro
decenio do século XIX, pechando algunhas
fábricas e con elo a decadencia da salgadura. En 1790 poucas fábricas existían
fora do pioneiro núcleo de Vilaxoán, sendo isto moito máis problemático que
outras poboacións da Ría de Arousa. Tanto Fidel Curt e Bernardo Mascato dos
primeiros que chegaron a Vilaxoán, comentaban aló polos anos 1817 do triste
estado no que estaban as súas fábricas de sardiñas: “…… no usan de las mismas sino
tres meses del año, por la escasez de sal, y para satisfacer el jornal de los
operarios, han de suplir de sus casas algún dinero, para no verse obligados a
tener que abandonar dichas fábricas y preservarlas de su ruina…..”
Moitos fabricantes cataláns víronse en continuas
obrigacións hipotecarias. Outros abandonaban as fábricas, sendo moito máis grave o problema para os
mariñeiros nativos, non gañaban para mercar unha libra de pan e vivían empeñados
case todo o ano.
Nunha escritura notarial de obrigación feita por
unha morea de fomentadores ante o escríbano Pablo Jover, veciño de Vilaxoán
dicía: “ ......los otorgantes expresaban cómo han padecido suma decadencia en
sus capitales, con motivo de las pérdidas que han sufrido en el ramo o
industria de la salazón y fomento de la pesca, a causa de la escasez y el
crecido precio de la sal. Para eludir su completa ruina y la de una gran parte
de personas, terrestres y marineras que se ocupan y se mantienen con los
jornales que ganan en dicha industria, ha decidido representar a S. M. Se digne
mandar que la sal para el fomento y salazón de la pesca se dé el goce de
fábrica a los dichos otorgantes y demás de su clase, al. precio de dos reais
fanega, según se ejecute para los extranjeros.....”
|
Elaborando o bacallao na fábrica de Vilaxoán
nos anos 70 do século pasado |
Desta maneira comezou a decadencia da salgadura en
Vilaxoán, Andando os anos comezaría a implantación da industria conserveira. Porén, con pasar dos anos aínda quedaba algunha industria fabril da salgadura en Galicia. Na actualidade en Vilaxoán aínda temos unha fábrica secadora e manufacturadora de bacallao moi importante. ou sexa, a transformación do bacallau importado en producto rematado que está destinado ao mercado. Esta compañía de bacallao S.L. COINBA, son os sucesores doutra de finais do século XIX que por aquel entón dedicábase á salgadura da sardiña.
T.C.F.