VILAXOÁN
PRIMEIROS DÍAS DA GUERRA
CIVIL, 1936
O
levantamento do exército o 18 de xullo de 1936 contra o goberno lexítimo da
República nacido das urnas, sendo a
cabeza visible o Ditador Franco, tivo a súas consecuencias tráxicas e
sanguentas nesta vila como en miles de pobos do país. A represión foi brutal
tanto nos primeiros días como en toda a contenda.
![]() |
(Vilaxoán anos 1935 ( Preguntoiro) |
Ao
longo da noite daquel sábado 18 de xullo, tivo lugar o incendio das sociedades
“Club Náutico de Regatas” e “ Juventud Católica” por parte de persoas que defendían
a lexitimidade do goberno; estas sociedades eran rexentadas por persoas da alta
sociedade de Vilagarcía sendo partidarias do golpe de estado, algunhas delas
simpatizaban coa Falanxe e outras representaban á dereita máis retrógrada.
O
luns día 20 pola mañá, ten lugar unha xuntanza de moitos simpatizantes do
Frente Popular no Teatro Vilagarcia para decidir se ían a folga xeral. Neses
intres foi chamado con urxencia a Pontevedra o deputado de “Izquierda
Republicana” Elpidio Villaverde Rei onde
se lle pediu que mandase á capital milicianos armados. De volta a Vilagarcia
declarase a folga xeral e fórmase o comité executivo do Frente Popular na
Alcaldía, onde se toma a decisión de armar aos obreiros e requisar automóbiles;
moitas persoas non saen das súas casas e
a cidade vai quedando case deserta. Anteriormente xa meteran na cadea como
prisioneiros máis de
30 persoas de significada ideoloxía dereitista, que en
todo momento non foron obxecto de malos tratos nin dano algún.
![]() |
Directiva de Real Club de Regatas, algúns destes integrantes foron partidarios do golpe de estado fascista |
Co
paso das horas e organizados os simpatizantes do golpe de estado, colle o mando
como comandante militar da Praza o coronel de Regulares Salvador Mujica
Buhígas, comezando a da-las ordes oportunas. Nomea como alcalde ao avogado
Frutos Cereceda Lapatza e adxuntos a Emiliano Porto e Wenceslao Oubiña.
O día
24 preséntase unha columna de Pontevedra ao mando do capitán da Garda Civil
Manuel Bernal con forzas de Artillería e falanxistas. Pola estrada de Rubiáns
baixa outra columna de Artillería ao mando do comandante Santiago Revilla. Estas
dúas columnas únense e marchan sobre Cambados, ao saír de Vilagarcia teñen un
enfrontamento a tiros con
unha morea de militantes do Frente Popular, que
cortaran a estrada ao carón do convento de Vista Alegre. Máis tarde atoparan
outras barricadas con moita resistencia en Vilaxoán e o Rial preto do río do
mesmo nome onde estouparan unha ponte, a resistencia non puido parar ás
columnas de Bernal e Revilla, entrando en Cambados.
![]() |
Instantánea do mesmo día que a anterior foto na mesma praia de Compostela con Bernardino Machado e outras persoas que están sen edintificar. Tamén atópanse as dúas fillas de Elpidio cunhas amigas. |
De
volta para Vilagarcia, camiñan pola estrada de Pontecesures e atopan en Bamio
unha ponte estoupada e non poden seguir, daquela dedícanse a combater aos
legalistas republicáns no monte de Xiabre.
O día
25 pola tardiña, estas columnas vanse para Pontevedra despois de reducir en
Sanxenxo e o Grove os últimos grupos de leais á República.
![]() |
Rogelio Díz Fuentes veciño de a Lagoa, pasou polas cadeas de San Simón (Lazareto) e o Fuerte San Cristóbal (Navarra), sonado pola súa masiva fuga de presos |
Francisco Muníz |
O 4
de agosto nomeouse xuíz militar da Praza ao capitán Carlos G. Rei comezando a
instruír os procesos sumarísimos contra os resistentes e leais á República, as
consecuencias destes “procesos”
![]() |
Juan Piñeiro |
foron arrepiantes, penas de morte, cadea
perpetua etc. O fiscal de apelido Puga, lles pide pena de morte a o ex-xuíz
municipal Luís Pardo, Manuel Ouviña, Ramón Mondragón e Angel Navia. Ao alcalde
Valentín Brionés, Jesús Villaverde Rei e José Otero foron condenados a cadea perpetua.
Aos veciños de Vilaxoán, Francisco Muñíz, Antonio Alejandre e Vicente
Montenegro, o fiscal pide a cadea perpetua, quen presidía este tribunal foi o
coronel Ledo, Ezequiel Vidal foi condenado a morte e conmutada a perpetua. Tanto
os anteriormente citados como Roxelio Diz Fuentes e
![]() |
Na fila sentados o segundo pola esquerda é Antonio Alejandre con outros presos na cadea de San Simón (Lazareto) |
Juan Piñeiro Pérez foron
levados ao Lazareto (Illa de San Simón) . A Roxelio Diz e Ezequiel Vidal máis
tarde os mandaron para a cárcere do Forte de San Cristóbal de Pamplona, pasados unha morea de anos todos
eles foron postos en liberdade, pero era
unha liberdade vixiada. Todos eles pasado moito tempo foron refacendo a súa
vida paseniño con moitas dificultades, inclusive Juan Piñeiro Pérez chegou a
ser Patrón Maior de Vilaxoán.
![]() |
Antonio Alejandre entrevistado en Vilaxoán polo sonado xornalista Perfecto Conde Muruais para a revista Gallegos en 2015. |
O mais triste de todo isto foron as represalias
en todas a súas formas a centos de persoas ao longo da guerra e na posguerra
como: rapado do pelo ás mulleres, control de vixilancia permanente a persoas
soamente por vinganzas persoais, control nos Cuarteis da Garda Civil onde lles
daban malleiras, requisas nas casas polos falanxistas dos que eles pensaban que
eran sospeitosos, práctica do terror a persoas que non fixeron ren pero si
algún dos seus familiares, despidos nos traballos , a queima dalgunhas casas
por si se atopaba dentro algunha persoa das que andaban a buscar, para queimala
en vida, etc..
![]() |
Antonio Alejandre ao pé do Pazo de Pardiñas en 2015. Finou en 2017 aos 102 anos |
Os
máis baixos instintos do ser humano afloraron con esta semellante brutalidade,
non habendo xustificación ningunha para cometer estes asasinatos que aínda
despois de setenta anos quedaron na total impunidade.
Esta
é un anaquiño histórico da Guerra Civil
e posguerra, historia que sempre nos ocultaron tanto na escola como en outros
eidos da vida, sendo imprescindible recuperar esa memoria histórica e dala a
coñecer en toda a súa crueza e realidade aínda que non nos guste, para que os
nosos descendentes saiban a verdade do que pasou e que non volvan a cometer os
mesmos erros. Cousa que hoxe 2019, a dereita franquista volve a seguir creando odio e enfrentamentos xa que non aprederon a usar a forza da razón, só coñecen a razón da forza.
Entrevista a Antonio Alejandre (video caseiro) no Monte de Xiabre
Por Gonzalo Bouza-Brey e Teo Cardalda no verán de 2005